Adicado a Dorothé Schubarth. Mercedes Peón

Artigo escrito para o I Día das Galegas nas Letras, adicado a Dorothé Schubarth.

Hai unha tempada comecei a reflexionar que era sumamente importante plasmar nalgún documento ou artigo o que estaba a acontecer no eido da transmisión oral e visual en Galicia. Fixen tres intentos con maior ou menor acerto titulados, tradición e xénero, o xénero no baile tradicional” e agora estou con “doxas, e creación colectiva”.

Esta necesidade comezou ao volver dun período de distanciamento do movemento xurdido a finais dos 80, o cal denomino a “revolución das tocadoras”, e no que participei activamente durante 20 anos. Esta revolución foi a que puxo en seria evidencia que algo pasaba no que se denomina folclore, que se supón representa aquelo co que nos sentimos identificadas. Aconteceu algo de tal autenticidade que revolucionou o circuíto artístico folclórico, algo escandalosamente presente na verdadeira creación colectiva de micro pobos espallados por toda Galicia, ausente nos grupos folclóricos do momento e inexistente no imaxinario galego urbano, refírome ás pandeireteiras. Creadoras de coplas, regueifeiras, directoras dos seráns, centro da festa porque elas son a música, desinhibidas, sexuais, empoderadas, creativas, bailadoras. Todo isto saíu á luz cando dende grupos folclóricos se tomou a iniciativa de pescudar que acontecía na transmisión oral, pero dende a perspectiva da xente dos grupos folclóricos, sendo unha mestura de pensamento artístico e tradicionalista.

Leer artículo completo

Esta entrada fue publicada en Artículos y colaboraciones. Guarda el enlace permanente.